Tódolos mércores foron especiais xa que chegaban os xornais. Este curso estivemos a realizar paneis informativos con aquelas noticias que nos chamaban a atención ou que eran do noso interese. AS VERDURAS E A COMIDA:  Este curso houbo dous programas nos que estivemos a traballar: "Aliméntate ben" e "Edusaúde", onde a alimentación e o fomento do estilo de vida saudable é o eixe vertebrador dos mesmos (ademais de "Aliméntate ben"). Os mércores buscabamos aquelas noticias relacionadas coa alimentación e mirabamos "Hoxe no mercado" onde aprendemos moito sobre as verduras e as froitas.  SOLIDARIEDADE:  Axudar aos demais, a convivencia e fomento da igualdade e a non violencia buscando un ambiente de convivencia positiva son valores que traballamos na aula.  O TEMPO:  Tódolos días, entre as nosas rutinas da aula, está a de indicar o tempo que fai. Durante este curso o tempo estivo un pouquiño toliño!. OS ANIMAIS:  Na aula 5 encántanos os animais e aprend...