VOLVE SUPER 5


Desde fai uns días o mellor super heroe do mundo volveu a Barcia. Coñecido por loitar contra a Covid, Super5 atopou unha nova misión, axudar ao noso planeta.
Para os que non sabedes quen é, dicirvos que Super5 é cada un/unha dos/das alumnos/as da aula 5, que coas súas accións axudan aos demais.
A contaminación das nosas praias e montes é un perigo continuo tanto para os animais como para as plantas. 
  • Limpamos o lixo das nosas praias

  • Limpamos o petróleo das nosas praias.

  • Construímos a nosa paisaxe de aprendizaxe.
  • E xuntos limpamos o planeta.

Comentarios