A aula 5 ten 2 novos alumnos/as. Queredes coñecelos/las? Estes monecos foron creados no 1º trimestre e vannos axudar a coñecernos un pouquiño máis a cada un/unha de nós.
Empezamos o 2º trimestre con moitas enerxías!. O luns empezamos a traballar a pataca. Tocámola e falamos da súa forma, cor, dureza... Despois fixemos un pequeno experimento para intentar xerminar dúas patacas (agora toca observalas cada día).
Neste primeiro trimestre puxemos en marcha o invernadoiro do cole, plantamos leitugas, repolos e coliflor (as acelgas e as fresas continúan nacendo e crecendo). Os luns somos os encargados de regalas co noso mestre Jorge e ao longo das semanas realizamos limpeza de malas herbas. Ao tempo que traballamos as principais características das plantas como seres vivos e observamos como medran. Esta semana comezamos a comer a leituga!. Cortámola e levámola á cociña do centro para o xantar e a cea.
Unha boa alimentación, o exercicio físico diario e un bo descanso son as bases dun estilo de vida saudable. Por este motivo participamos en programas como Edusaúde. Buscamos que os recreos sexan máis dinámicos, sobre todo os días de chuvia (moi habituais en Santiago). Que sorpresa se levou o alumnado da aula 5 cando viu... Salta, salta sen parar!!!