Publicacións

NÓS TAMÉN CREAMOS. ESCENARIOS

Imaxe
Falta pouquiño para que comecemos coa gravación do conto "Non fai falta a voz". Na aula 5 estamos a rematar os escenarios e aparellos necesarios!

BUSCANDO AS FLORES

Imaxe
Cada mañá, unha das primeiras cousas que facemos e regar a nosa horta. Pouco a pouco van crecendo as nosas plantas. Ademais de regar, aprendemos cousiñas sobre as plantas, as súas características e os seus coidados básicos. Hoxe falamos das flores e saímos a buscalas nas "hortas" das demais aulas. Algunha atopamos, pero pouquiñas...

LEITE ESCOLAR. ALIMÉNTATE BEN.

Imaxe
Comeza o leite escolar!. Que ven senta un brick de leite no recreo! E na clase traballamos a vaca e o leite! Non sabedes o ben que imitamos o muxido das vaquiñas.

REGAMOS NO INVERNADOIRO

Imaxe
As nosas leitugas precisan auguiña para crecer!

SEMANA DE SAÍDAS ESCOLARES!

Esta semana fixemos dúas saídas escolares: BANDILANDIA: Asistimos a un concerto moi divertido no Auditorio de Galicia. Podedes ver a entrada no blog do noso cole: O RECUNCHO DOS SONOS ÁS PARA ALEX : No Teatro Principal asistimos a esta obra.  Podedes ver a entrada no blog do noso cole: O RECUNCHO DOS SONOS

FACEMOS UN RICO BATIDO!

Imaxe
Hoxe fixemos un batido no apartamento do cole! Podedes ver unha entrada máis completa no blog do noso cole: O RECUNCHO DOS SONOS

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
Hoxe na Biblioteca do cole elaboramos, xunto co alumnado da aula 3, un mural conmemorativo de Día Internacional da Muller.  Podedes ver a entrada no blog do noso cole: O RECUNCHO DOS SONOS