Publicacións

MURAL "O QUE SOBRA"

Imaxe
Coa pintura que nos sobra estamos a facer un mural, onde pintamos libremente.

PETRÓGLIFOS II. POLOS CREATIVOS

Imaxe
Continuamos tocando, vendo e sentindo os petróglifos. Xa rematamos o 1º reto, a volta das vacacións iniciaremos o 2º. Ademais estivemos a imaxinar que era o que querían expresar cos mesmos: unha chave, unha diana... ata un avión.

A HORTA DE 5

Imaxe
En febreiro intentamos xerminar unhas pebidas de mandarinas e peras, que pillamos da froita do comedor. Non tiñamos moitas esperanzas de que xerminaran, pero co tempo conseguímolo. Así que chegou o momento de transplantalas. Aproveitamos para transplantar o pementos.  E así deixamos a "Horta de 5" o venres!

AS NOSAS MANS. PDI "ASÍ SON EU"

Imaxe
Como xa vos contamos a muller que traballamos na clase foi Marie Curie, e grazas a ela temos a radiografía. Dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI) "Así son eu" fixemos a radiografía da nosa man esquerda.

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

Imaxe
Hoxe comezamos a traballar a auga, e non escollemos mellor día que o Día Mundial da Auga!. Fixemos unha nube, pintamos gotas de chuvia, buscamos información sobre como podemos aforrar auga e escribimos consellos nas gotas para coidar a auga.

E HOXE... TERAPIA CANINA

Imaxe
Hoxe tivemos terapia canina, que ben o pasamos!!!

21 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Imaxe
Hoxe é o Día Internacional dos Bosques!. Buscamos información sobre árbores autóctonas de Galicia e debuxámolas para o mural conxunto de centro. Ademais comezamos a traballar a importancia que teñen os bosques para a vida e como podemos coidalos. No 3º trimestre aprenderemos moitas cousas sobre os nosos bosques!