Publicacións

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe tocou limpar o invernadoiro e despois tirar as herbas malas ao composteiro. Temos malas noticias, das nosas plantas que xerminamos, só o castaño segue crecendo...

OBRADOIRO "NATUREZA, AUGA E LUZ". PARTE I

Imaxe
Hoxe realizamos un Obradoiro para traballar a Natureza. Sentimos, experimentamos e creamos coa Natureza a través das cores da Primavera sobre flores elaboradas con cartón, deixando voar a nosa creatividade.

CREAMOS PINTURAS!

Imaxe
Creamos algunhas das pinturas para un Obradoiro que realizaremos mañá con todo o centro. Pasamos un ratiño moi divertido rompendo os xices e creando xeo de cores.

QUE BONITAS ESTÁN!

Imaxe
Mirade que bonitas están as nosas plantas!

XOGANDO CON WAILO!

Imaxe
Hoxe xogamos con Wailo e cunhas pelotas, pasámolo xenial!

XORNAL 27 MAIO.

Imaxe
Hoxe en Prensa escola, entre outros aspectos, falamos de como debemos protexernos do sol, recordamos como coidar os dentes e o calendario do mes de xuño!

LAPIS 3D

Imaxe
Hoxe aprendemos a utilizar os lapis 3D creando unhas bolboretas!. Como nos gusta experimentar con novos recursos.