Dentro do PDI "Artes Gráficas" cada aula do cole ten que decorar un cadro relacionado co Outono. O que eliximos na aula 5 foi " Lugar soleado de Otoño " de Paul Klee.
Rematamos o noso mural de fotos sobre a cidade de Santiago de Compostela! Buscamos e imprimimos as fotos de Santiago que máis nos gustaban. Recortamos e pegamos as fotos nun mural. Numeramos as fotos. Fomos polo centro preguntando quen recoñecía as imaxes. Pasamos ao ordenador as respostas. Pegamos as respostas no ordenador. Expuxemos no corredor o noso traballo. Agora toca ir de excursión por Santiago (pola Primavera) e ir aos sitios que máis nos gustaron.
Durante este mes traballamos o Samaín: falamos dos celtas, dos castros, dos seus símbolos, do que significa o Samaín... E aquí están as caveiras da aula 5!
Hoxe realizamos un pequeno obradoiro de seguridade nos disfraces con Fani (de Consumo). A través dun conto explicounos como deben ser os disfraces para ser seguros e en que nos debemos fixar á hora de mercar un. Para rematar pintamos unhas cabazas e regalounos unhas bolsiñas con sementes!. Gustounos moito e esperamos repetir para o curso que ben!
Hoxe comezamos Prensa - Escola, un programa do xornal "La Voz de Galicia". Todos os mércores o xornal entra na aula creando un espazo de intercambio comunicativo, de experiencias e de opinións.
O 29 de setembro foi o "DÍA DO CORAZÓN". Na aula 5 falamos do corazón, da súa función e buscamos o noso pulso. Ademais aproveitamos para traballar unha das emocións máis bonitas "O amor". A nivel de todo o centro, participamos nun mural colaborativo!