Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2026

PLANTAMOS CASTAÑAS E LANDRAS

Imaxe
Hoxe plantamos castañas e landras para a nosa "Horta de Aula".

XOGAMOS!

Imaxe
Ao longo deste curso aprenderemos a xogar a diversos xogos, establecendo e aprendendo as normas para poder xogar cos nosos amigos no tempo de lecer.

COMEZAMOS "O MURAL DO QUE SOBRA"

Imaxe
Hoxe comezamos o mural "O que sobra" onde pouquiño a pouquiño crearemos un cadro coas pinturas sobrantes das actividades de aula. Como este ano o PDI está relacionado coa arte, deseñamos un cadro trazando liñas dun extremo ao outro do papel.

COMPOSTELA: CAMPO DE ESTRELAS

Imaxe
Xa sabiamos que a cidade de Santiago se chamaba así polo Apóstolo. Agora investigamos a orixe de Compostela. Significa "campo de estrelas". Para facer un pequeno mural buscamos de que cor son as estrelas!

BO CAMIÑO AULA 5!

Imaxe
O ano 2027 é Ano Santo, así que na aula 5 temos moita curiosidade en saber que é iso do Camiño de Santiago, xa que na Milla Diaria ímolo recorrer. Nesta primeira actividade investigamos as orixes do nome da cidade onde está o noso centro, Santiago de Compostela. E xa sabemos porque se chama Santiago, polo Apóstolo!

DÍA DO ARTISTA PLÁSTICO

Imaxe
Como xa vos comentamos, este ano o PDI coordinado pola Biblioteca Escolar, está relacionado coa Arte. Así que na aula 5 convertémonos en "grafiteros" para celebrar o "Día do artista plástico".

XERMINAMOS MAZÁS E LANDRAS!

Imaxe
Continuamos coa nosa horta de aula. Do patio recollemos mazás e da entrada do cole landras.

VOLVE A PATRULLA ECOBARCIA!

Imaxe
Xa está de volta a PATRULLA ECOBARCIA, a encargada de coidar o planeta!. Os nosos superheroes e superheroínas fixeron un retrato seu e cun xogo na pantalla dixital compuxemos o nome.

ATA PRONTO!

Imaxe
As situacións que nos acontecen cada día permítennos traballar e sentir as nosas emocións. Estes días traballamos a tristeza, xa que dixemos adeus a dúas persoas ás que queríamos moito. Irene e Manuela sabedes que a aula 5 vos quere moito e que ten moitas ganas dunha visita!

DA ÁRBORE AO COMEDOR

Imaxe
As maceiras do patio están cheas de mazás. A aula 5 foi a encargada de recoller mazás para o comedor, xa temos sobremesa!

XERMINAMOS CEBOLA - CASTAÑA

Imaxe
Comezamos a crear a nosa horta de aula. Intentamos xerminar unha cebola e unha castaña (recollidas no invernadoiro e no patio do cole!).

LIMPAMOS O INVERNADOIRO

Imaxe
Esta semana fomos ao invernadoiro, parecía unha selva despois de estar sen coidar os meses de xullo e agosto... Agora xa está limpiño e esperamos comezar a plantar pronto.

COMEZAMOS O NOVO CURSO CON MOITA ARTE!

Imaxe
A aula 5 xa está de volta!, con moitas ganas de traballar e con novos proxectos en marcha. Comezamos este curso cunha actividade de atopar a palabra agochada, que está moi relacionada co PDI que poremos en marcha este curso (xestionado e coordinado pola Biblioteca Escolar).