ESO QUE TI ME DÁS... ESO QUE EU CHE DOU

Hoxe é o "DÍA DE SAN VALENTÍN", o día do AMOR. Esta semana estivemos a traballar esta emoción que tanto nos gusta e que nos fai sentir moi ben e únicos para moita xente que nos quere. Pero non so recibimos amor, tamén damos moito amor.
  • Representamos o que é o amor para nós nun mural.

  • Escoitamos unha canción preciosa que se chama "Eso que tú me das" de Jarabe de Palo.

Despois falamos sobre o que nos dan as persoas que queremos e o que lle damos nós.

  • Debuxamos un corazón para a xente que nos quere.

Na clase de Relixión tamén traballamos o AMOR.

Comentarios

Publicar un comentario