Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2021

SAMAÍN 2021

Imaxe
E chegou o "Samaín"!, mirade que guapos e guapas... Hoxe foi unha xornada de moitas actividades!. Estabamos xuntas as 3 aulas do nivel (Grupo Burbulla). 1- Apócemas de bruxas! 2- Contacontos "Un vampiro peligrozo". 3- Photocall "El montruo que se comió la oscuridad" (entre as 3 aulas do nivel pintamos o debuxo)

PORTA "SAMAÍN"

Imaxe
Este é o noso esqueleto, fixémolo entre todos e todas. E así está a porta da aula 5 esperando á celebración do Samaín!

ESTARÁN MALIÑOS?

Imaxe
Este xoves as mestras da aula 5 quedaron un pouquiño preocupadas, xa que o alumnado non tiña boa cara...

O MONSTRO MANUEL

Imaxe
Como o noso "Monstruo que se comió la oscuridad" non ten nome, puxémoslle Manuel!

PRENSA ESCOLA MÉRCORES 27 DE OUTUBRO

Imaxe
Un mércores máis traballamos co xornal comentando as principais noticias e ampliando os nosos murais de contidos.

SINALIZACIÓN DO CAMIÑO

Imaxe
Xa falta pouquiño para que vos contemos porque estamos a falar moito do Camiño de Santiago. Mirade a sinalización que fixemos na aula 5 (está colocada xunto ao ximnasio!).

DEDOS DE BRUXA

Imaxe
O mércores estivemos no apartamento preparando unha receita terrorífica... "DEDOS DE BRUXA" INGREDIENTES: Para os dedos: 320 g de fariña. 100 g de manteiga. 150 g de azucre. 1 culler de esencia de vainilla. 1 ovo. 1 clara de ovo. 1 pouquiño de sal. Para decorar: Améndoas. Cacao en po. Colorante vermello. 1 xema de ovo.  Comprobamos que temos tódolos ingredientes e empezamos! 1- Bater a manteiga e o azucre. 2- Engadir o ovo, a clara, a esencia de vainilla e mesturar. 3- Engadir a fariña e o sal. Amasar ata que todo estea ben mesturado e a masa se despegue das paredes. 4- Formar unha bola de masa e envolvela en papel film. Deixar na neveira 30 min. 5- Prequentar o forno a 180 ºC. 6- Coller pequenos anacos de masa e formar os dedos. Facer pequenos cortes para facer os cotobelos (nudillos) 7- Colocar améndoa en forma de uña. Cun coitelo facer as engurras dos dedos. Con un pouco de colorante vermello pintar os fíos das unñas. Cun pincel pintar con cacao as engurras das uñas

PLANTAMOS!

Imaxe
E despois de moito traballar no invernadoiro chegou o momento de plantar.  Xunto coa aula 3 e a aula 7 plantamos leitugas, repolo, coliflor e perexil. Agora toca regar cada día, sacar as malas herbas e esperar a que crezan.

TRABALLANDO A TRAVÉS DOS CONTOS

Imaxe
Todo conto acércanos a un mundo máxico, pero tamén podemos traballar moitas cosas con eles. Hoxe traballamos a atención co conto "El monstruo que se comió la oscuridad", onde tiñamos que atopar diferentes obxectos nunha imaxe do conto.

SEMANA DO SAMAÍN

Imaxe
Comezamos a Semana do Samaín!. Como xa sabedes o venres toca vir disfrazados, pero tamén temos que crear unha aula terrorífica!. Empezamos a crear os adornos!

A QUE CHEIRA?

Imaxe
Hoxe ao volver do patio recollemos un pouco de menta, frotámola nas mans e..... Que ben cheiran as nosas mans!!!

MONOS, BOTAS E A TRABALLAR

Imaxe
Este venres despois do recreo, puxémonos uns monos de traballo, unhas botas e comezamos a recoller as follas do patio do cole. Unha nova experiencia para nós!.

A HORTA DE SIMÓN. CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
O venres celebramos no cole o "Día das Bibliotecas Escolares" (é o 24 de outubro, pero é domingo).  O Equipo de Biblioteca preparou un contacontos con monicreques, onde nos contaton o conto "A horta de Simón" xogando coas sombras e as cores. Encantounos!!!, e sabedes que?, o próximo venres celebramos o Samaín no cole e imos ter outro contacontos, pero de MEDO!!!

COLLENDO MAZÁS

Imaxe
Quedan pouquiñas mazás nas nosas maceiras!. Este xoves recollemos algunhas para a cociña do cole... serán para unha rica compota de mazá?

PRENSA ESCOLA

Imaxe
O mércores 20 chegaron os xornais ao cole!. Despois do recreo fomos a Biblioteca e traballamos con eles. Falamos do volcán da Illa da Palma, da educación viaria, do Camiño de Santiago, das enfermidades... moitísimas cousas que xa vos iremos contando, xa que empezamos a facer uns "Murais de Noticias".

BISCOITO DE CASTAÑAS

Imaxe
O mércores fixemos un rico biscoito de castañas. 1- Cocemos un pouquiño as castañas (10 segundos) 2- Pelamos as castañas. 3- Nunha pota colocamos as castañas e o leite. Botamos un pouquiño de sal e a cocer 20 minutos aproximadamente.  4-  Pesamos os ingredientes. 5- Batemos 6 ovos e botámoslle o azucre.  6-  Trituramos o leite e as castañas. 7- Xuntamos tódolos ingredientes e mesturamos todo. 8- Untamos   un recipiente con manteiga.  9-  Botamos a mestura no recipiente e para o forno (precalentado).  9-  E o mellor de todo... A comer! E para finalizar fomos polo cole ofrecendo o noso rico biscoito!. Dixeron que estaba boísimo.

MONSTRO DE CALCETÍN

Imaxe
O 3º nivel estamos a traballar nunha actividade conxunta.  O primeiro paso é que cada aula ten que crear un monstro (como o que se comeu a escuridade) cun calcetíns. Aquí tedes os da nosa aula!

DE VISITA Á AULA MULTISENSORIAL

Imaxe
Hoxe fomos de visita á aula multisensorial do cole, como nos gustou, todo nos chamaba a atención. Gracias mestra Sofía!!!

PARA PALMA CON TODO O NOSO CARIÑO

Imaxe
O Equipo de Extraescolares propúxonos fai uns días realizar un debuxo para os/as nenos/as da Illa da Palma, para darlles moitos ánimos e agarimos nestes días tan complicados para eles/elas. Hoxe rematamos os nosos debuxos!

SINALIZACIÓN DO CAMIÑO

Imaxe
Nunha entrada anterior falabamos de que estabamos a pintar algo... o traballo continuou uns días... Hoxe rematamos a nosa sinalización do Camiño de Santiago. Aínda non vos diremos o que estamos a organizar, pouco a pouco...