BATIDO DE CASTAÑAS!!
Xa hai castañas! e na aula 5 quixemos facer un rico batido de castañas no apartamento. Aquí vos deixamos como o fixemos, por se vos animades a intentalo.
1- Lavamos as mans.
2- Lavamos as castañas.
3- Pelamos as castañas.
4- Nunha pota collemos auga, botamos sal e ao lume.
5- Limpamos a mesa (e tamén o apartamento, pero iso vai noutra entrada).
6- Esperamos 45 minutos máis ou menos e.... que boa pinta!
Non nos puidemos resistir... tivemos que probalas e que ricas que estaban!
7- Puxemos as castañas no batedor.
9- Estaba moi bo!!!1
Comentarios
Publicar un comentario