BISCOITO DE CASTAÑAS

O mércores fixemos un rico biscoito de castañas.

1- Cocemos un pouquiño as castañas (10 segundos)

2- Pelamos as castañas.

3- Nunha pota colocamos as castañas e o leite. Botamos un pouquiño de sal e a cocer 20 minutos aproximadamente. 

4- Pesamos os ingredientes.


5- Batemos 6 ovos e botámoslle o azucre. 


6- Trituramos o leite e as castañas.


7- Xuntamos tódolos ingredientes e mesturamos todo.


8- Untamos un recipiente con manteiga. 


9- Botamos a mestura no recipiente e para o forno (precalentado). 


9- E o mellor de todo... A comer!


E para finalizar fomos polo cole ofrecendo o noso rico biscoito!. Dixeron que estaba boísimo.

Comentarios