DEDOS DE BRUXA
O mércores estivemos no apartamento preparando unha receita terrorífica... "DEDOS DE BRUXA"
INGREDIENTES:
Para os dedos:
- 320 g de fariña.
- 100 g de manteiga.
- 150 g de azucre.
- 1 culler de esencia de vainilla.
- 1 ovo.
- 1 clara de ovo.
- 1 pouquiño de sal.
Para decorar:
- Améndoas.
- Cacao en po.
- Colorante vermello.
- 1 xema de ovo.
Comprobamos que temos tódolos ingredientes e empezamos!
1- Bater a manteiga e o azucre.
2- Engadir o ovo, a clara, a esencia de vainilla e mesturar.
3- Engadir a fariña e o sal. Amasar ata que todo estea ben mesturado e a masa se despegue das paredes.
4- Formar unha bola de masa e envolvela en papel film. Deixar na neveira 30 min.
5- Prequentar o forno a 180 ºC.
6- Coller pequenos anacos de masa e formar os dedos.
Facer pequenos cortes para facer os cotobelos (nudillos)
Facer pequenos cortes para facer os cotobelos (nudillos)
7- Colocar améndoa en forma de uña. Cun coitelo facer as engurras dos dedos.
Con un pouco de colorante vermello pintar os fíos das unñas.
Cun pincel pintar con cacao as engurras das uñas.
8- Pintar galletas con xema de ovo.
9- Colocar as galletas nunha bandexa con papel de forno e enfornar de 15 a 18 min ata que collan cor.
10- Sacalas do forno e que arrefríen nunha reixa.
E o mellor de todo... A COMER! (e como a semana pasada, tamén compartimos os nosos dedos de bruxa). BOÍSIMOS!
Comentarios
Publicar un comentario