Hoxe cociñamos ovos cocidos! (onte fomos a cociña a preguntarlle a Jéssica (a cociñeira) como os tiñamos que facer).
No apartamento puxemos o vídeo para recordar a receita.
Collemos os ovos e falamos das súas características (con moito coidado, que son moi fráxiles)
Collemos auga fría e metemos os ovos dentro.
E poñémolos ao lume durante 10 minutos desde que empezan a ferver (aproveitamos para falar da medida do tempo).
Mentres esperamos fixemos a compra para o menú de hoxe no comedor.
Pasados os 10 minutos sacámolos do lume e botámolos no vertedoiro (puxemos as manoplas... que a pota queima!).
Cando arrefriaron un pouquiño puxemos a proba a súa dureza.
Sacámoslle a casca...
E a comelos!
E antes de marchar... a fregar.
Comentarios
Publicar un comentario