COMEZAMOS O PDI "CINEMA"

Este curso realizaremos o PDI "Cinema" coordinado pola Biblioteca do cole!. Propuxéronos varias actividades que fixemos pouquiño a pouco.
A primeira foi a decoración dun pequeno póster do film "Willy e o barco de vapor". Na clase recortamos a imaxe en 9 anacos e despois cada un/unha pintou o seu, para rematar montamos a imaxe de novo e así nos quedou!


Visionamos o film, un dos primeiros filmes de animación de Disney con imaxe e son sincronizada (cine mudo!). A continuación respondemos unhas pequenas preguntas sobre o film, intentamos imitar os sons e buscamos diferentes formas de facer sons co corpo ou con obxectos. 

Comentarios