Publicacións

AS NOSAS PLANTAS. 6 NOVEMBRO

Imaxe
Así deixamos as nosas plantas antes da fin de semana... o luns veremos se creceron!

RECICLAMOS!

Imaxe
A patrulla Eco-Barcia revisou os contedores de papel e plástico que temos no cole e levámolos aos contedores correspondentes: PAPEL, PLÁSTICO E XENÉRICO. Aproveitamos para practicar como temos que cruzar a estrada!

MURAL COOPERATIVO DO OUTONO!

Imaxe
Todas as aulas do centro participamos na elaboración dun mural colaborativo do Outono!. Na aula 5 elaboramos 2 setas con cartón. Atopádeas no mural?

PLANTAMOS AS SEMENTES XERMINADAS DE MELÓN

Imaxe
Conseguimos xerminar algunha das sementes de melón!. Hoxe tocou plantalas.

AMIZADE!

Imaxe
Na aula 5 somos máis que un grupo de alumnos/as, somo amigos/as que nos gusta estar xuntos!

EXPERIMENTAMOS COA ARTE!

Imaxe
Pintamos láminas de canelóns, pisámolas e despois fixemos un cadro cos anaquiños.

CADRO DE OUTONO

Imaxe
Dentro do PDI "Artes Gráficas" cada aula do cole ten que decorar un cadro relacionado co Outono. O que eliximos na aula 5 foi " Lugar soleado de Otoño " de Paul Klee.