QUEN DI NON A UN ABRAZO DE CORAZÓN?
O sábado 21 foi o "Día Internacional do Abrazo". Hoxe na aula 5 falamos dos abrazos como mostra de afecto entre as persoas.
Non fai moito tempo, no 2020, ese "Malo, malísimo" chamado Covid deixounos sen abrazos por unha longa tempada. Pero pouco a pouco, pasiño a pasiño, recuperamos esa mostra de afecto que tanto nos gusta!
Este é un dos mellores abrazos... entre compañeiros (pero falta unha!, seguro que mañá xa recibirá moitos abrazos cando veña). Unha actividade tan bonita no podía quedar dentro da aula. Saímos en busca de abrazos!
Que ben sentan eses abrazos!
ResponderEliminar