OBRADOIRO DE PLANTAS AROMÁTICAS
Onte realizamos a primeira parte do obradoiro de plantas aromáticas. Ulimos moitas plantas (ourego, tomiño, romeu...) e moitas especies das que usamos para cociñar!. Ademais recordamos a importancia de coidar as plantas, de non danalas e da súa importancia para as persoas.
Despois, cada aula do nivel, quedouse con dúas plantas. A nós tocounos o perexil e herba boa. Na aula transplantámolas a unhas macetas máis grandes. Que grandes eran as raíces!


Comentarios
Publicar un comentario