Publicacións

TERAPIA CANINA

Imaxe
 Hoxe tivemos Terapia Canina!.  A esperar 15 días... Xa as botamos de menos!

CATEDRAL AO ESTILO LAXEIRO

Imaxe
O 1 de abril foi o Día das Artes Galegas, que este ano tivo como protagonista a Laxeiro. No xornal do mércores había unha noticia relacionada con Laxeiro, así que decidimos crear un debuxo parecido aos que fai Laxeiro. Como estamos a realizar o Camiño de Santiago non hai mellor debuxo que o final do Camiño, a Catedral de Santiago.  Que vos parece a nosa obra? Foi un traballo en equipo, onde participamos todos e todas!. Primeiro debuxamos a catedral unindo puntos. Despois repasámola con pintura negra (e para non esperar tanto secámola cun secador). E por último pintámola de azul, vermello e amarelo. 

PLANTAMOS LEITUGAS!

Imaxe
O alumnado do 3º nivel plantamos leitugas no invernadoiro. O primeiro que fixemos foi repasar os ocos. Despois plantamos as leitugas. E por último regamos.

CORES DE PRIMAVERA

Imaxe
Hoxe traballamos no "Libro da Primavera".  Collemos as diferentes pinturas e pintámolas no libro.  Despois pintamos nunha cartolina respectando os debuxos dos demais. Cando rematamos saímos ao recinto exterior do centro buscando as cores na natureza. Saímos ao recinto exterior do centro e buscamos as cores na natureza. Cando atopabamos unha cor sacámoslle unha foto coa tarxeta desa cor. 

RECOLLENDO ACELGAS

Imaxe
Hoxe recollemos as últimas acelgas... a esperar que volvan medrar.

BUSCANDO AS FLORES. PRIMAVERA

Imaxe
Unha das principais características da Primavera é a chegada das flores aos campos. Así que saímos ao patio e buscamos as flores.  Utilizamos a aplicación PlanNet para coñecer os seus nomes. Recollemos algunhas e deixámolas secar na aula dentro duns xornais.

RECUNCHO DE XARDINERÍA

Imaxe
Cada mañá unha das primeiras cousas que facemos na aula é traballar no noso "Recuncho de Xardinería" onde aprendemos a coidar as plantas. Pouco a pouco van crecendo, o que non temos tan claro é se son caléndulas!