CATEDRAL AO ESTILO LAXEIRO

O 1 de abril foi o Día das Artes Galegas, que este ano tivo como protagonista a Laxeiro. No xornal do mércores había unha noticia relacionada con Laxeiro, así que decidimos crear un debuxo parecido aos que fai Laxeiro. Como estamos a realizar o Camiño de Santiago non hai mellor debuxo que o final do Camiño, a Catedral de Santiago. 

Que vos parece a nosa obra?

Foi un traballo en equipo, onde participamos todos e todas!. Primeiro debuxamos a catedral unindo puntos.


Despois repasámola con pintura negra (e para non esperar tanto secámola cun secador).

E por último pintámola de azul, vermello e amarelo. 

Comentarios

Publicar un comentario