BATIDO DE AMORODOS E PLÁTANO

Na entrada do cole temos un mural sobre as froitas e o sas que son. Hoxe baixamos ao apartamento do cole a facer un riquísimo batido de amorodos e plátano. 

O primeiro que fixemos foi lavar as mans.

Despois pelamos e cortamos os plátanos.


A continuación lavamos os amorodos. Antes de ir ao apartamento para ver se había máis amorodos. As que metemos onte na neveira estaban conxeladas!. Aproveitamos para falar das características desta froita e tamén da temperatura e dureza.


E todo para o batedor.

Poñémolo en funcionamento e...

Un brinde!


Unha imaxe vale máis que mil palabras, mirade como quedaron as copas!

Boísimo!

Comentarios

  1. Que rico! Estes chefs elaboran receitas con moi boa pinta...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario