LETRAS GALEGAS 2022
O venres rematamos o noso traballo sobre Galicia. En el quixemos representar algúns dos aspectos que fan única a nosa terra: a comida, as festas, as paisaxes, os monumentos... e non esquecemos o Galego, a lingua que nos fai únicos.
Ao tempo que o faciamos, ademais das características da nosa cultura, tamén traballamos aspectos como a atención, a percepción, a memoria, grafomotricidade...
Un traballo moi chulo! Noraboa rapaces.
ResponderEliminar