DÍA DO LIBRO

Hoxe é o "Día do Libro". Na aula 5 fixemos un pequeno mural colaborativo, onde cada un/unha tiña encomendada unha parte.
Tiñamos que responder a dúas preguntas:
  • Por que queremos aos libros?
  • Cal é o teu libro favorito?
Cando o rematamos colocámolo na entrada do cole, xunto ao expositor da Biblioteca e pedimos a colaboración de todos para completalo.

Comentarios