MES DE MAIO, MES DE GALICIA

O mes de Maio é moi especial para nós e para Galicia. Aquí vos deixamos como fixemos o noso cartel para o Correlingua!


Queredes velo?


A partir do lema deste ano "Co galego no corazón, facemos revolucións", pensamos en como poderiamos facer o noso cartel. 
Decidimos que tiña que haber un corazón coa palabra galego no medio, pero como poderiamos facer a revolución?. Como nos gusta moito a paz, decidimos que sería unha revolución pacífica, e non hai mellor forma de representar a paz que coas mans. De aí que o corazón estea formado por mans.
Pero a cor destas mans teñen un significado:
  • Vermello - Laranxa: representa as festas galegas, sobre todo a de San Xoán (o lume das cacharelas).
  • Verde: os nosos prados e montes.
  • Azul: o nosos ríos e mares.
  • Amarelo: as nosas praias.
  • Marrón: a nosa terra.
  • Gris e azul: o noso tempo.
  • Negro e amarelo: as noites estreladas.
  • Azul e branco: a nosa bandeira.
E dentro do corazón a nosa lingua con imaxes das cousas que pensan o alumnado da aula 5 que se poden facer en galego, xunto cun corazón pequeno que representa a bandeira galega, xunto cun corazón pequeno que representa a bandeira galega.

Comentarios